Saltar ao contido

Hangaku Gozen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHangaku Gozen

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 坂額御前 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XII Editar o valor en Wikidata
Xapón Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomandanta Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAsari Yoshitoo Editar o valor en Wikidata

Hangaku Gozen (en xaponés: 板額御前) foi unha muller samurai (onna-bugeisha) xaponesa, unha das poucas guerreiras do seu país coñecidas e referenciadas na historia e a literatura clásica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa vida transcorreu entre a fin do período Heian e o comezo do período Kamakura. Era a filla dun guerreiro samurai chamado Jō Sukekuni (城資国). Os seus irmáns eran Jō Sukenaga (城資永) e Jō Nagamochi (城長茂 ou Sukemochi 助茂).

Hangaku loitou e axudou na defensa do castelo de Echigo en 1201. Vestida con roupas de home, foi abatendo coas súas frechas dende a torre do castelo a tódolos atacantes que se achegaban. Finalmente, un arqueiro evitouna e rodeándoa pola parte de atrás do castelo, foi quen de ferila cunha frecha.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]